INTERREG III A Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Ministerio de Economía e Facenda
Proxecto DESQOOP español portugués

Que éQue é

O proxecto DESQOOP. “Desenvolvemento rural transfronteirizo de base cooperativa, Galicia–Norte de Portugal” está conformado por un programa de execución plurianual 2006–2007, deseñado para o fomento do desenvolvemento rural, dende a promoción empresarial e comercial do cooperativismo e dos seus factores de competitividade, calidade e ampliación de mercados.

 

Con este propósito, DESQOOP asocia a 9 entidades de natureza pública e privada, sen ánimo de lucro, das dúas zonas, cun orzamento financiado nun 75% por FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) – UE, que permitirá a consecución dos seus obxectivos e a execución das inversións en infraestruturas contidas no proxecto.

 

A área xeográfica de intervención, zona interior Galiza–Norte de Portugal, posúe unha economía baseada fundamentalmente na actividade empresarial do sector agroalimentario, as industrias locais e a produción artesá de carácter tradicional. A situación económica da zona plantexa a necesidade de elaborar estratexias de promoción empresarial en consonancia con políticas de desenvolvemento territorial, que teñan en conta o cooperativismo e as sinerxías económicas da zona transfronteiriza.

 

 

COMPLEMENTARIEDADE COAS POLÍTICAS REXIONAIS

DESQOOP deséñase en coherencia coas principais análises e conclusións do DOCUP INTERREG III – A Programa Galicia – Norte de Portugal, as prioridades establecidas polo Plan Nacional de Acción para o Emprego, PNAE, e o Plan de Acción para o Emprego de Portugal, referidas á creación de emprego vinculado ao desenvolvemento territorial local e rexional, en concreto:

 

1. Plan Estratéxico do Cooperativismo Galego (2004).

Nas súas orientacións para a promoción e mellora empresarial e da área sectorial agraria:

  • Aproveitamento de potencialidades cooperativas polas estruturas de Desenvolvemento Local.
  • Fomento do cooperativismo agrario e estratexia de competitividade: calidade e trazabilidade, comercialización de producións agrarias e ampliación de mercados.
  • Autoemprego e servizos de incubación.
  • Observatorios cooperativos.

2. CCDR – N de Portugal
Define como prioridade para a rexión "a valorización das potencialidades rexionais, en particular, aquelas que esixen unha actuación concertada, en áreas como a creación de emprego e o reforzo da capacidade institucional. Actuacións integradas de base territorial que se coordinen coas políticas sectoriais e apoio para a competitividade de clústers rexionais”.

 

 

ÁMBITO XEOGRÁFICO

A rexión transfronteiriza GaliciaNorte de Portugal, suma un espazo físico de 51 km2, cunha poboación de 6,3 millóns de persoas, que representa o 13% da Península Ibérica.

 

Posúe un nivel de renda inferior ao 75% da media comunitaria. A área de intervención conta cunha tradición histórica e cultural común, xeografía e idioma moi semellantes, que favorece a interrelación dos seus habitantes e actores económicos. Estas similitudes atópanse tamén no mapa económico, onde, en grandes liñas, prodúcese unha situación de bonanza e despegue económico para a zona litoral, contrarrestada polo atraso e déficits estruturais da zona interior aos dous lados da fronteira. Será neste último espazo onde se centran os esforzos de promoción empresarial cooperativa das entidades asociadas neste proxecto:

 

 


 

 

 

NUTS III GALICIA:
Ourense, Pontevedra, A Coruña.

 


 

NUTS III NTE. PORTUGAL:
Alto TrasosMontes, Cávado, Grande Porto.

 

 

 

 

DESQOOP parte da consideración de que dende o cooperativismo é posible potenciar unha meirande interacción transfronteiriza dos actores sociais e económicos. En concreto, a elección da área xeográfica de actuación fundaméntase na importancia e potencialidade da actividade cooperativa dos municipios seleccionados para o desenvolvemento empresarial e comercial cooperativo na área rural.

 

A complementariedade da actividade económica cooperativa existente indica o interese dos mercados para as empresas locais, así como de incentivación das actividades de cooperación empresarial que contribúan a unha redución de custes no relativo á merca de subministracións e ao achegamento das redes de distribución do sector agroalimentario e industrias tradicionais da zona.

 

O recente incremento das relacións transfronteirizas de tipo social e político entre os municipios da zona, así como a mellora nas infraestruturas de comunicación, asociadas á forte presenza de empresas cooperativas na zona, poden facilitar a execución deste proxecto piloto na promoción e dinamización das relacións empresariais e económicas dende o ámbito da economía social. Este obxectivo fai necesaria unha intervención integral en materia de desenvolvemento territorial e rural.

 

Eventos

mes anterior Febreiro 2010 mes seguinte

L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
PUBLÍCASE A 1ª GUÍA DE DESENVOLVEMENTO COOPERATIVO TRANSFRONTEIRIZO
Producto da colaboración entre entidades representativas do cooperativismo galego e portugués nace a Guía de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo.
18/09/2008 - 18/09/2010
AGACA (G-ES) E UCANORTE XXI (RN-PT), organizan o II ENCONTRO DE COOPERATIVAS TRANSFRONTEIRIZO 18-19 decembro07 - VILA DO CONDE (Portugal).
Están convocadas cooperativas agrarias galegas e portuguesas dos sectores LÁCTEO-ABASTECEMENTOS-MAQUINARIA E HORTA. O día 18 se celebrará unha visita a experiencias cooperativas da zona, para acabar cunha cea de benvinda e confraternización cooperativa en Barcelos. Na Xornada do 19, celebraránse encontros sectoriais e mesas de negocio.
04/12/2007 - 31/12/2009
FEIRA SALON DO - Vigo07
Stand DESQOOP de productos de CALIDADE COOPERATIVA, días 15, 16, 17 Outubro no IFEVI-Vigo.
05/10/2007 - 27/09/2008
9OUT07 MESA DE COOPERATIVAS E AXENTES LOCAIS AREA DESQOOP
Debate na Universidade-Modelo de Desenvolvemento
27/09/2007 - 27/09/2008
180907 PUBLICADO INFORME E MAPA SOCIO-ECONOMICO DESQOOP
DISPOÑIBLE NA WEB www.cooperativasdegalicia.com!! http://www.cooperativasdegalicia.com/webs/desqoop/desqoop.php
19/09/2007 - 19/09/2008
Feira SEMANA VERDE - Silleda07
13 e 17 de xuño 2007, 21 cooperativas, 14 galegas e 7 portuguesas, de distintos sectores (viño, queixo, carne, horta, mexillón e outros moluscos, mel, vexetais deshidratados) estarán presentes a través do stand do DESQOOP.
23/05/2007 - 31/12/2007
15/02/07 - CURSO DIRECCIÓN E XESTIÓN COOPERATIVA
No marco do Proxecto DESQOOP se desenvolve o curso de Alta Dirección Cooperativa. Organiza AGACA, Asoc. Galega de Cooperativas Agrarias, ca colaboración da Escola de Negocios CAIXANOVA.
14/02/2007 - 14/02/2008
FEIRA AGRO, BRAGA 7-11 MAR07
Máis de 20 cooperativas galegas e portuguesas do proxecto DESQOOP, participarán na Feira AGRO en Braga nos días 7 a 11 de marzo de 2007.
14/02/2007 - 14/02/2008
20 DECEMBRO - XORNADA DIVULGATIVA DESQOOP.
No Hotel Palacio do Carme a partir das 9.30hs: conferencia "As potencialidades do Cooperativismo en Galicia", e mesa redonda "Experiencias cooperativas galegas".
15/12/2006 - 31/12/2007
15/NOV/2006 I ENCONTRO DE COOPERATIVAS TRANSFRONTEIRIZO
O pasado 15 de Novembro, celebrouse o I Encontro de Cooperativas Galicia-Norte de Portugal e que congregou a máis de 30 cooperativas agrarias e do sector servicios con sede na Eurorexión.
20/11/2006 - 31/12/2007
DESQOOP NA FEIRA SALON DO - VIGO 16,17, E 18 DE OUT06
21 COOPERATIVAS galegas e portuguesas participan cos seus produtos na Feira de Denominacions de Orixen e Delicatessen que se celebra en Vigo nos días 16,17 e 18 de Outubro 2006.
14/11/2005 - 28/09/2008
AGACA XUNTA DE GALICIA SINERXIA IDARN PROBARROSO UCANORTE UGACOTA UNINORTE UVERSIDADE DE VIGO