SociosAs entidades que forman parte do partenariado DESQOOP, fano en función de dous criterios fundamentais: o ámbito xeográfico de actuación, con capacidade de intervención na zona transfronteiriza Galicia–Norte Portugal; e o ámbito competencial e funcional. A estes criterios engádese a necesaria participación no parternariado da Administración Pública competente, a Universidade pública e entidades e asociacións para o desenvolvemento territorial; así como as agrupacións sen ánimo de lucro representativas do tecido empresarial nos sectores económicos implicados, con especial atención do agroalimentario.
XEFE DE FILA
Asociación Galega de Cooperativas Agrarias. AGACA. (ES)
Con máis de 15 anos de experiencia, asocia cooperativas das 4 provincias galegas, con sedes completamente equipadas en Santiago, Lugo e Ourense.
EQUIPO TÉCNICO
ACTIVIDADE
SOCIO 1
Consellería de Traballo. Xunta de Galicia. (ES)
Dende a súa Dirección Xeral de Relacións Laborais exerce as súas competencias para a promoción e fomento do cooperativismo no seu ámbito autonómico.
Leva a cabo actividades de coordinación, desenvolvemento de programas de subvención, control e execución de medidas relativas a empresas e entidades de economía social, así como de interlocución cos axentes do sector na defensa dos seus intereses. Desenvolve actividades en coordinación con departamentos doutros organismos autonómicos para garantir a efectiva transversalidade da política de promoción da economía social e os seus sectores empresariais. A través da súa estrutura administrativa territorial abarca todo o territorio de intervención do proxecto.
SOCIO 2
Federación de Empresas Cooperativas, SINERXIA. (ES)
Con sede en Pontevedra, equipada, e entidades asociadas no territorio do proxecto (Ourense-Pontevedra). Experiencia de dez anos en servizos de asesoramento xurídico, organizativo e económico-financeiro para cooperativas en activo e novos proxectos, programas formativos cooperativos para empresas e centros educativos, elaboración de ferramentas informativas sobre o sector, eventos de promoción e difusión do cooperativismo, cooperación coas actuais e novas Unións de cooperativas galegas.
Mantén relacións de colaboración con Unións de cooperativas: EIXO e UCETAG, e un convenio de colaboración con UNINORTE desde 2003, polo que cremos que esta experiencia está en consonancia coas liñas de actuación nas que pretendemos participar neste proxecto. Equipo técnico: 2 técnicos superiores, 2 técnicos medios. Experiencia de participación en 2 proxectos de I.Comunitaria EQUAL.
SOCIO 3
Instituto para o Desenvolvimento Agrário da Região Norte – IDARN. (PT)
Instituto de formación e investigación nos dominios da agricultura e desenvolvemento rural con larga traxectoria de traballo e recoñecemento social amplo, polos seus resultados e efectos constatados xa na rexión Norte de Portugal. Entre 1999-2003 organizou 292 cursos. Coordinou o estudio "Observatorio Rural", entre outros. Participa no proxecto Sistema de Información Xeográfica para o Territorio Rural Galicia-Norte de Portugal co subproxecto BDRUR na preparación e estruturación dunha base de datos con indicadores de poboación e actividades agrarias para ser referenciadas en soporte cartográfico.
Recursos técnicos: IDARN dispón de efectivos constituídos por 2 enxeñeiros zootécnicos e 2 enxeñeiros agrónomos. Contan con experiencia no dominio de desenvolvemento agrícola e o desenvolvemento rural. Para realizar o proxecto o IDARN incorporará a técnicos de Escolas Agrarias da Rexión Norte.
SOCIO 4
PROBARROSO - Associação de Promoção e Desenvolvimento de Barroso. (PT)
Conta con experiencia no territorio do proxecto. Actividade: promoción de iniciativas de desenvolvemento socioeconómico e cultural, apoio a colectivos e empresas do seu ámbito, prestación de servizos técnicos para proxectos de desenvolvemento local, promoción da reflexión interinstitucional. Transferencia de coñecementos e ferramentas de traballo sobre o desenvolvemento económico local, en beneficio de rexións de obxectivo 1, formación en medio rural centrada no desenvolvemento sostible.
Equipo técnico: 4 técnicos locais con máis de 10 anos de experiencia. Infraestructuras e equipamentos para o desenvolvemento das súas actividades. Asocia a: colectivos e entidades individuais, incluíndo os sectores cooperativo, empresarial, institucional, asociativo... co fin de promover o desenvolvemento endóxeno e sostible na rexión.
SOCIO 5
UCANORTE XXI – União Agrícola do Norte, UCRL (PT).
Conta, a través da súa asociación con cooperativas de base, cunha forte relación coa produción agrícola do Norte de Portugal e Alto Tras-os-Montes, en particular. Esta organización conta con cooperativas asociadas de 2º grado, algunhas agrupan a máis de 45 cooperativas de 1º grado das que son socios millares de agricultores, cun volume de facturación de 8.400.000 €, efectuado directamente por eses agricultores, ou de forma indirecta a través das súas organizacións de base.
Promove e asesora os procesos de venta de factores de produción e a comercialización de produción agrícola. Para a consecución do seu traballo no proxecto conta cun corpo de 6 técnicos especializados dentro dun cadro de persoal composto por 32 colaboradores.
SOCIO 6
Unión de Cooperativas de Traballo Asociado, UGACOTA. (ES).
Actúa na comunidade galega, con sede en Santiago, asociando a cooperativas de traballo asociado de tódolos seus sectores de actividade económica. Ten como obxectivo a consolidación e promoción da actividade empresarial de traballo asociado, en consonancia coas políticas de promoción da economía social e desenvolvemento endóxeno e sostible do seu entorno.
Actividades: asesoría societaria, empresarial, xestión fiscal, laboral e contable; así como asesoría xurídica, formación especializada cooperativismo, divulgación e sensibilización cooperativa.
Equipo técnico: 2 técnicos superiores, 1 técnico medio. A súa sede conta con equipamento completo, informático e telemático. Conta con experiencia no traballo en redes e asociacións transrexionais e participa en proxectos europeos: EQUAL-Proxecto ESPADELADA ES-312, 2002-2004 e NEXUS REDE ES-332, en execución.
SOCIO 7
UNINORTE – União Cooperativa Polivalente da Região Norte. (PT)
Asocia a cooperativas (96 da Región Norte) de tódolos sectores de actividade económica, actuando como Axencia de Desenvolvemento Cooperativo, con orientación ao desenvolvemento socioeconómico común e ao progreso integral do seu entorno. Ten máis de 25 anos de experiencia para prestar apoio loxístico, administrativo e relacións comerciais, apostando polo desenvolvemento do sector cooperativo.
Participa na redacción do Código Cooperativo. Desenvolve estudios e proxectos de desenvolvemento local e empresarial para o apoio financeiro en programas de inversión e emprego. Desenvolve actividade en Relacións Internacionais: con asociacións de natureza análoga europeas, de países de lingua portuguesa e latinoamericanos. Dende 1982, asóciase ao Comité de Desenvolvemento de Recursos Humanos da ACI., para a execución de Planos de Formación cooperativa e a certificación escolar e profesional.
SOCIO 8
Universidade de Vigo. UVIGO (ES).
A Universidade de Vigo imparte titulacións e desenvolve investigación básica e aplicada en Vigo, Pontevedra e Ourense, sedes dos seus campus. Contou no curso pasado con 30.000 persoas matriculadas, 3º ciclo foron 1.000 e 68 teses doutorais en 2004.
Persoal docente: 1.636, do cal o 90% figura como persoal investigador en 246 equipos de I+D. Existen 46 departamentos: 11 do ámbito científico, 14 do tecnolóxico, 9 do humanístico e 12 do xurídico-social. Actividades de I+D contratadas por empresas, no último ano: máis de 320 traballos por un total de máis de 4 millóns de euros.
Como resultado desta actividade existen varias cátedras: Citröen, Anfaco, Ence, Unión Fenosa, Coren, Telefónica. A entidade posúe experiencia probada en xestión de proxectos rexionais, nacionais e europeos, concretamente no Programa Marco da UE como coordinadora e colaboradora en 50 proxectos.