Contribución á elaboración dun Modelo para o desenvolvemento rural transfronteirizo con base en sociedades cooperativas e outras entidades de economía social. Orientación do obxecto de estudio a un modelo de desenvolvemento que permita combinar a consolidación do sector agroalimentario e as súas economías de escala, o desenvolvemento de factores de desenvolvemento turístico e a competitividade empresarial seguindo criterios de RSC, calidade e trazabilidade. O Modelo terá en conta as orientacións establecidas en directrices rexionais galegas e comunitarias.
A metodoloxía de traballo e estratexias para a posta en marcha do proxecto baséase na coordinación do Grupo de Traballo transfronteirizo realizada por UVigo (ES) – IDARN (PT). As pautas son as seguintes:
- Definición de contidos e obxecto de estudio entre tódalas entidades socias do paternariado.
- Muestreo de datos e recollida de información primaria mediante diálogo directo con cooperativistas e axentes dos sectores e territorios estudiados.
- Constitución de Mesas Sectoriais transfronteirizas para o debate e elaboración de conclusións.
- Elaboración de informes: Informe e mapa de situación socioeconómica. Plan de desenvolvemento económico e empresarial cooperativo, con incorporación de criterios RSC.
- Elaboración de conclusións para un Modelo de Desenvolvemento Cooperativo transfronteirizo mediante a celebración dun Seminario para a análise conxunto con participación de axentes locais implicados en Galicia-ES.
INFORME E MAPAS DE SITUACIÓN SOCIOECONÓNICA
Sobre a zona tranfronteiriza de intervención. Orientacións básicas:
- Revisión de fontes secundarias existentes a ambos lados da fronteira, interrelación de conclusións referidas a aspectos económicos, institucionais e medioambientais, identificación dos obstáculos ao desenvolvemento da zona.
- Estudio das principias actividades económicas, con presencia ou non de economía social, para identificación de estratexias orientadas á competitividade do sector agroalimentario e as súas sinerxias con actividades do fomento do turismo (calidade de produtos e servizos).
Diagnose actividade empresarial cooperativa na zona:
- Incorporación de procesos de certificación de calidade e trazabilidade
- Grado de diversificación e presencia de economías de escala
- Innovacións no territorio para a sostenibilidade medioambiental
- Intercooperación empresarial transfronteiriza
- Cooperación comercial transfronteiriza
PLAN DE DESENVOLVEMENTO
Identificar estratexias de carácter endóxeno e sostible, variables económicas, sociales e medioambientais claves para novas estratexias. Orientacións:
- Actividades innovadoras con avances tecnolóxicos en procesos empresariais ou en relacións empresariais do entorno.
- Ámbitos competitivos de intercooperación empresarial e de cooperación comercial.
- Medidas para incorporación de Certificacións de Calidade e Trazabilidade de produtos e servizos existentes e futuros.
- Factores de ampliación das actividades da cadea de valor do produto e incorporación de actividades complementarias ao turismo rural e buscando complementariedades e sinerxias das actividades agroalimentarias aproveitando o efecto experiencia e a transferencia de coñecementos.
- Estudio prospectivo, que permita o triple beneficio asociado a un comportamento socialmente responsable: económico, social e medioambiental; en consonancia con criterios de calidade e trazabilidade.
PARA MÁIS INFORMACIÓN, PODE POÑERSE EN CONTACTO CON:
Universidade de Vigo
Campus Universitario CUVI
36310 Vigo
Tel.: 986 813 508
mcasal@uvigo.es
IDARN
Rúa da Agraria, 74
4485-646 Vairao
paulo.eca@idarn.pt