Os obxectivos operativos do proxecto articúlanse en
dous eixes de actuación:
1. Identificar factores de competitividade empresarial do cooperativismo, orientados ao desenvolvemento rural transfronteirizo e á potenciación de sectores de actividade económica tradicional.
MODELO DE DESENVOLVEMENTO COOPERATIVO:
- Informe socioeconómico
- Mapa socioeconómico
- Plan de Desenvolvemento económico e empresarial Cooperativo
2. Promover a cooperación empresarial e a calidade de produtos e servizos, así como a apertura do mercado cooperativo transfronteirizo.
CENTRO DE DESENVOLVEMENTO:
Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo.
Dúas sedes físicas (PT – ES) de xestión coparticipada:
- Servizos cooperativos: Plans de asesoramento, Formación alto nivel, Divulgación e sensibilización, Incubadora de empresas
- Infraestruturas de intercooperación empresarial: Tendas cooperativas, Misións de alto nivel
- Servizos informáticos
- Servizos polivalentes de utilidade ao entorno local transfronteirizo (infraestruturas de uso público)
RESULTADOS ESPERADOS
O programa de intervención DESQOOP propón alcanzar os seguintes resultados:
- Creación de dous Centros de Desenvolvemento Cooperativo, cunha sede física en España e outra en Portugal, que alberguen as execucións de desenvolvemento relacionadas co estímulo do emprendemento cooperativo e a consolidación de proxectos. A creación destes observatorios cooperativos prevé chegar a un número razoable de empresas de economía social coa finalidade de ser asesoradas no seguimento de casos contemplando a provisión de servizos, ordenación de actividade económica e mellora competitiva; así como apoio a novas empresas e recuperación de proxectos cooperativos mediante a creación de servizos auxiliares.
- Asistencia e participación activa en feiras e misións comerciais que se celebrarán dentro do ámbito territorial transfronterizo previsto no proxecto DESQOOP, a rexión tranfronteiriza Galicia - Norte de Portugal.
- Enmarcado no fomento da intercooperación e como actividade claramente comercial se contempla infraestruturas e dotación loxística de espazo de xestión comercial, almacenaxe e suministros para o apoio no desenvolvemento da actividade de centralización de mercas de carácter transfronteirizo e orientadas estas ao sector agroalimentario.
- Contémplase o incremento de conexións informáticas dentro da área e do sector no que se traballa, así como o incremento ou creación de relacións comerciais transfronteirizas cun marcado carácter cooperativo.
- Publicacións e diversas actividades de sensibilización recollerán o traballo que xa se está a desenvolver e que se levará a cabo dentro deste proxecto comunitario coa finalidade de acadar os obxectivos para o que foi concebido e posto en marcha por parte das entidades socias implicadas.